O Museo do Pobo Galego acolleu a gala de entrega de premios da décima edición de Santiago(é)Tapas, concurso de tapas organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela que se celebrou do 2 ao 19 de novembro. Desta vez consumíronse máis de 34.000 tapas, cun crecemento de máis do 10{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} respecto ao ano pasado.

Nesta edición do concurso participaron 70 establecementos de Santiago, que ofrecían 101 distintas. Competían por oito premios distintos. As tapas premiadas foron:

– Primeiro Premio do Público: «Taco de Outono», de Artesana Gastrobar.

– Premio do Xurado á Mellor Tapa: «Mexillón galego que se volveu nikkei», de Izakaya Markesa.

– Segundo Premio do Público: «Vieira en crema de coliflor con emulsión da Vera», de Hotel Arco de Mazarelos.

– Segundo Premio do Xurado á Mellor Tapa: «Xurelo, café e ensalada de outono», de O Ferro.

– Premio Especial X Aniversario, premio concedido polo público coas súas votacións valorando a experiencia global que tivo no establecemento: «Up», de ACDC.

– Premio (é)tapas+, concedido por un xurado especializado ao establecemento máis activo na promoción do concurso nas redes sociais: A Nave de Vidán.

Por terceira edición consecutiva, Santiago(é)Tapas estivo organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Este ano contou por primeira vez con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola, ademais da DO Ribeiro. Tivo tamén a colaboración institucional da Deputación da Coruña.

No acto de entrega a concelleira de Turismo, Marta Lois, destacou que esta «foi unha edición cun gran nivel de consumo, con máis de 34.000 tapas vendidas e un crecemento de máis do 10{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} respecto do ano pasado. E tamén foi unha edición cun gran nivel de calidade das tapas, nunha clara mostra das capacidades dos nosos cociñeiros e cociñeiras».

Pola súa banda, a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, sinalou que este concurso “existe e funciona gracias ao esforzo de moitos profesionais da hostalería que dedican moitas horas a crear e servir as súas tapas. E, por suposto, aos composteláns e compostelás, turistas e visitantes, que percorren as diferentes (é)Tapas, coñecendo de primeira man, aínda que sexa en formato pequeno, todo o que a gastronomía santiaguesa e galega pode ofrecerlles”.