A Xunta de Galicia por medio da Axencia de Turismo de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia nº 19, de 28 de xaneiro de 2019, a Resolución onde se anuncian Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia onde:

Considéranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir del 1 de xaneiro de 2019. Son obxecto de subvención os seguintes investimentos:

  • Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalación coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de calidade turística.
  • Acutacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  • Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
  • Actuacións relativas á renovación e modernización das instalación, así como embelecemento do contorno.
  • Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.

O investimento neto admitido será de ata 100.000 € (cen mil euros), é dicir, o importe orzamentado unha vez reducido o imposto sobre o valor engadido.

Se a actuación o require, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou, se fora o caso, certificado do Concello de non precisar a dita licenza. Esta documentación deberá presentarse no momento da xustificación da subvención.

Considéranse gastos subvencionables os investimentos netos en que incorrese a entidade solicitante como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados.

Serán gastos subvencionables os seguintes:

  • Gastos de obra e adquisicións de bens mobles inventariables vencellados coa execución do proxecto
  • Os servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} do investimento neto admitido.

Non son gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente relacionados coa actuación subvencionable e en ningún caso os seguintes:

  • Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
  • Gastos correntes da empresa e a adquisición de material non inventariable, como menaxe de cociña e comedor (vaixela, cubertería, cristalaría e pequenos utensilios).
  • Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periódicamente para manter a edificación en pefecto uso (limpeza de canalóns, pintura, arranxos de carpintería…)
  • Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
  • Gastos de conectividade.
  • Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvueltos pola entidade solicitante.

En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na normativa de contratos do sector público para os contratos menores (40.000 € no caso de obras e 15.000 € no caso de subministracións, excluído en ambos os dous casos o IVE), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da obra ou a adquisición do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen ou subministren, ao abeiro do disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cando a oferta elexida non recaía na proposta económica máis ventaxosa, presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.

 A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis, deberase garantir que, no caso de recibir as persoas beneficiarias outras axudas baixo este réxime de minimis, non supere o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo  co establecido no artigo 2 do citado regulamento.

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, pero o seu importe, en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o cuso da actividade subvencionada, segundo se establece no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias:

  • Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequeña e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequeñas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio), en función dos seus efectivos e do seu volumen de negocio e do seu balance anual.

Así pequeña empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volumen de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volumen de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.

  • Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados polo solicitante da subvención. No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.
  • Deberá acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice o beneficiario para a realización do investimento subvencionado e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista no artigo 19.b) destas bases.
  • Deberá acreditarse unha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o cal se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data de solicitude da axuda. Para estes efectos, tomarase como data de referencia para o cálculo da antigüedade a data de inscrición no REAT. Admitiranse as modificacións de titularidade por sucesión familiar ata o 4º grao incluído de consaguinidade ou afinidade durante o dito período.
  • Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A Acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.
  • Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente autorizados pola Administración concedente e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, dp 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, subrogándose o novo titular na posición xurídica de beneficiario da subvención e nas obrigas dinamantes desta.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos así como a documentación complementaria.

Só poderá presentarse unha única solicitude por establecemento.

A documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento:

  • Documentación acreditativa da propiedade do inmoble ou calquera outro título que autorice a realización do investimento solicitado.
  • Documentación acreditativa de representatividade suficiente para actuar en nome da empresa, no caso de que este non coincida co que figura no REAT.
  • Memoria explicativa na que se defina de xeito pormenorizado o investimento e as actuacións que se van desenvolver, e que, se for o caso, comprenderá:
  • Planos de localización do investimento
  • Relación, indicando calidades, dos materiais e acabamentos propostos
  • Relación detallada dos bens mobles e equipamentos, con indicación das calidades, localización e número que se vai instalar.
  • Reportaxe fotográfica do inmoble, exteriores, interiores e da contorna.
  • Orzamento do investimento desagregado por partidas en que se especificará o importe da execucción material, así como o custo da redacción do proxecto e da dirección de obra, e todo o equipamento proposto.
  • Memoria explicativa sobre o cumprimento dos criterios de valoración sinalados no artigo 12. Deberase acompañar da documentación acreditativa no caso dos aspectos valorables recollidos nos puntos b), c), d), e), f) e g) do número 1 do citado artigo.

Os proxectos e acción subvencionables poderán acadar unha subvención de ata o 35{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} sobre o orzamento do investimento subvencionable. O importe máximo da axuda a cada entidade beneficiaria será de 35.000 € (trinta e cinco mil euros).

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o xoves 28 de febreiro do 2019.

Se desexa máis información sobre este tema pode pasar ou chamar ás nosas oficinas (Rúa Salvadas, 29 – 981 592 700)