O Concello de Santiago quere fomentar o consumo da auga da billa, tamén no sector da hostalería. Ese é o obxectivo do proxecto Santiauga, que vén de poñer en marcha a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, en colaboración coa empresa Novotec.

Ao proxecto Santiauga poderán sumarse nunha primeira fase ata 25 establecementos de restauración de Compostela, preferiblemente que ofrezan menú de día, que se comprometerán a ofertar a auga da billa para acompañar os xantares ou as ceas. O Concello facilitaralles as botellas para servila, co logo da campaña. Unha vez analizada a resposta dos consumidores e consumidoras, a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia estudará a implantación do proxecto un maior número de locais.

Auga da mellor calidade

O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, sinala que o consumo da auga da billa «é a mellor opción por calidade, sustentabilidade, prezo e saúde». Duro explica que o obxectivo é «axudar a cambiar os hábitos da cidadanía, contribuíndo a coidar o medio ambiente». Nese sentido, incide no «enorme impacto que teñen os residuos plásticos, que se suman aos custos ambientais do seu transporte». Duro tamén quere salientar que «do prezo que pagamos por unha botella de auga, o 90{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} corresponde ao propio envase e o 10{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} ao produto en sí».

A auga da traída de Santiago conta coa certificación ISO 22000 de seguridade alimentaria e control da inocuidade da auga potable, un recoñecemento implantado nas industrias alimentarias de referencia que se comezou a introducir tamén nalgúns abastecementos de auga de consumo humano.

Ademais, estudos feitos en laboratorio sinalan que a auga da billa de Compostela ten niveis de calidade idénticos aos da auga embotellada, cun grao de mineralización débil, niveis intermedios de PH e baixo contido en sodio.

Se queredes opter máis información sobre esta campaña ou inscribiros nela a través dun formulario online, podedes facerlo premendo aquí.