O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Turismo, Marta Lois, reuníronse coa nova directiva da Asociación Hostalería Compostela no Pazo de Raxoi.

Neste primeiro encontro, a presidenta da nosa Asociación, Sara Santos, presentou ao alcalde os/as integrantes da nova directiva e as súas funcións dentro da mesma. A xuntanza serviu tamén para repasar algúns dos proxectos en marcha ou futuribles nos que o Concello colabora coa Asociación.

Esta reunión enmárcase dentro do obxectivo da nova Xunta Directiva de reforzar o diálogo e as relacións con todos as institucións e organismos que poidan ser beneficiosos para o sector.