Parte da directiva da Asociación Hostelería Compostela, encabezada pola nosa presidenta Sara Santos, reuniuse co recentemente nomeado presidente de Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra, na sede cameral. Esta entidade representa a cerca de 36.000 autónomos e empresas ubicadas na capital galega e en 31 municipios da súa comarca.

No encontro, ao que tamén asistiron o secretario da Asociación Hostelería Compostela, Sergio Fernández, e o xerente José Ramón García, tratáronse cuestións relativas ás colaboracións que teñen en marcha a Cámara compostelá e a nosa Asociación. Ademais, analizouse a posibilidade de desenvolver conxuntamente futuras accións relacionadas co turismo e o Camiño de Santiago.