A Asociación Hostelería Compostela convoca a todo o sector a unha asamblea aberta o vindeiro luns 21 de xaneiro ás 18:00 horas no Centro de Formación e Cultura da Asociación, sito na rúa Salvadas nº29.

O motivo desta reunión é analizar a proposta de modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería que trasladou á entidade o Goberno municipal.

Dada a importancia do tema, o encontro será aberto non só aos socios e socias da Asociación, senón tamén a todas aquelas persoas que sexan titulares dun negocio de restauración afectado pola ordenanza que se pretende modificar, e previa identificación no mesmo lugar da asamblea.

Leave a Reply

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.