Que espazo ocuparán a hostalaría e o turismo no seu programa?

Sen ningunha dúbida, ocuparán un espazo central, pois estamos a falar de postos de traballo e dunha importante fonte de riqueza, un dos piares económicos de Santiago, que debemos potenciar e mellorar. Para o BNG, cómpre dar un debate a fondo e revisar o modelo de turístico actual para que evolucione acorde cun crecemento sustentábel, fuxindo da masificación e procurando a calidade e mesmo a innovación, con propostas especializadas e audaces, integradas nos nosos valores culturais e patrimoniais e con alicerces sólidos nunha gastronomía baseada en produtos de primeira. O futuro do sector pasa por unha maior profesionalización, diversificación, desestacionalización, polo aumento do gasto medio e da rendibilidade, co fin de se converter nun factor económico capaz de xerar riqueza e postos de traballo de calidade.

Que medidas tomarían para desestacionalizar e para aumentar a estancia media daqueles que nos visitan?

Propoñemos, por exemplo, ampliar a oferta a turismo idiomático, con vínculos álusofonía; deportivo, con captación de campionatos internacionais; gastronómico, con produtos de tempada; de congresos, en colaboración coa USC; infantil e xuvenil, para coñecer o patrimonio; ecolóxico, poñendo en valor as zonas verdes e a importancia dos ríos; e interno, para visitar a capital do país. Con novas campañas que expliquen estes valores, podemos atraer visitantes durante todo o ano, que mesmo poden fidelizarse para seguintes viaxes. Cómpre tamén realizar un plan director da oferta museística do concello de Santiago, ademais de completar as dotacións das infraestruturas existentes e integralas na oferta turística municipal.

En definitiva, urxe facer realidade o que hai tempo que vimos sinalando: sen deixar de entender a catedral e a cidade histórica como espazos especiais das visitas turísticas, cómpre ampliar ese radio e promover círculos concéntricos que atraian visitantes tanto do noso país como de fóra. Nese sentido, hai que incorporar espazos como a Colexiata, o Castelo da Rocha, as curtidorías, os lavadoiros aos lugares a visitar, mais tamén pór en valor o importante pequeno comercio do ensanche, descubrir o patrimonio de barrios e parroquias, as sendas peonís ábeira dos ríos, os parques e zonas verdes de Compostela…

Que posición teñen con respecto ao Plan Especial da Zona Vella?

O obxectivo principal do Plan Especial da Zona Vella debe ser gañar e fixar poboación, conseguir que non pase a ser unicamente un lugar de postal e foto carente de vida propia e autenticidade. Nese sentido, éprioritario mellorar os servizos, conseguir instalar internet e banda larga, meter gas cidade, mais tamén dar facilidades para rehabilitar e entender que, respectando todo. Valor patrimonial, as vivendas deben poder ofrecer as comodidades do século XXI e non expulsar a poboación de maior idade. Hai que solucionar tamén o tema da recollida de lixo, da carga e descarga de mercadorías e eliminar coches innecesarios ao tempo que facilitar o acceso ás persoas residentes para os usos que se xulguen necesarios. E son imprescindíbeis espazos dotacionais de carácter sociocultural e de tempos de ocio e lecer.

De momento, estes catro anos foron tempo perdido porque temos unicamente un borrador con moito diagnóstico, en que seguramente coincidimos en gran medida, mais sen apenas solucións e propostas de mellora.

Debería instaurarse en Santiago unha taxa turística?

Aínda que poida parecer unha resposta ágalega, desde o BNG dicimos que «depende». Depende de para que, de cal éo obxectivo por que apostamos, de que queremos conseguir. Se do que se trata éde cobrar por cobrar, para recadar máis evidentemente non. Se temos un interese de utilizar ese diñeiro en recuperacións específicas urxentes de utilidade pública pode ser unha ferramenta útil. Épor iso que a nosa aposta ésometer a consulta popular a creación da taxa turística, para escoitar a veciñanza e ao sector sobre a pertinencia ou non de que as persoas que nos visitan deixen unha achega económica para contribuír a sufragar os gastos que ocasionan de servizos e dotacións públicas. En paralelo, cómpre un estudo pormenorizado do método e da súa aplicación. A súa implantación recente nunha cidade como Porto contribuíu ao mantemento dos espazos públicos, limpeza urbana, mellora da sinaléctica e animación nas rúas; lonxe de diminuír o turismo acrecentouno cunha suba do 50{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} das estimacións iniciais ao tempo que recadan 750.000 euros por mes de media, que serven para a ordenación e mellora urbana.

Contemplan accións que axuden a fomentar o consumo nos bares e restaurantes?

Santiago de Compostela precisa de maneira urxente descentralizar as actividades de rúa e de interior e facer que, sexa cal for a celebración de que se trate, se estendan actuacións e propostas artísticas, culturais, gastronómicas ou deportivas por espazos diversos, cunha planificación eficaz que cubra a maior parte do seu territorio e xere movemento arredor de distintas zonas. Ademais de apostar por paquetes turísticos de gastronomía, xulgamos acaído organizar eventos culinarios de enxalzamento de produtos galegos e de promoción de profesionais destacados, coa colaboración das administracións.

Por outra parte, necesitamos atraer público xuvenil ao centro e aos barrios, para o que ébo promover todo tipo de actividades na ampla rede de centros socioculturais e dedicar prazas e espazos da cidade a determinadas afeccións ou prácticas deportivas, como poder ser a pista de skate, zonas de patinaxe….

Cal éo Santiago que imaxina dentro de catro anos?

Imaxino un Santiago cheo de vida, con moito ambiente nas rúas e prazas e lugares frecuentados polas persoas que habitamos Compostela e por visitantes que queiran aprender algo de nós. Quixera un Santiago con propostas innovadoras arredor da universidade que conseguise que o estudantado tivese ofertas laborais de calidade no seu concello. Desexo un Santiago con residentes na zona vella e onde o Concello sexa un lugar áxil, eficiente, e non un mecanismo burocratizado que non responde ás necesidades da veciñanza. Vexo un Santiago limpo e ecolóxico, comprometido co feminismo e onde a maioría das persoas que o habitan saiban que facer a compra tamén éun acto político, e que apostar polo noso, polos produtos de proximidade, polo pequeno e mediano comercio que nos rodea, éo que xera máis riqueza e calidade de vida.

Se o BNG ten responsabilidade no vindeiro Goberno local, faráo posíbel por unha ordenación do turismo de xeito que sexa un modelo amigábel e con recursos de que tamén poidan participar as persoas que habitan en Santiago de Compostela.