O Clúster de Turismo de Galicia, no seu afán por diferenciar o noso territorio como destino turístico, vén de poñer en marcha o selo Galicia Destino Familiar co obxectivo de situar á nosa comunidade como unha das primeiras opcións que teñen as familias viaxeiras á hora de planificar as súas vacacións. A finalidade do proxecto é a adopción dunha estratexia común por parte dos establecementos especializados en turismo familiar, de forma que o público obxectivo poida identificar as empresas que dispoñan de instalacións, oferta de actividades ou outros servizos adaptados e pensados para este tipo de público.

Formulario Autoavaliación Aloxamento

Para máis información, non dubide en chamarnos ao 881 247 436 ou consultar a nosa web http://galiciadestinofamiliar.gal/es/inicio. Na web poderá acceder a un enlace que permite descargar a aplicación de Galicia Destino Familiar dende Google Play ou App Store