¿Que opinión le merece la oferta formativa de la Asociación?
Excelente
Muy buena
Buena
Mejorable
Insuficiente
Inicio |Noticias
MAIS DE 150 EMPRESAS E SERVIZOS DA CIDADE RECIBEN A DISTINCIÓN DE CALIDADE TURÍSTICA

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) outorgará en Santiago de Compostela máis distintivos de calidade que en ningún outro ano, segundo informou a Mesa de Calidade Turística, presidida polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e responsable da xestión local deste sistema nacional de calidade turística avalado pola Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias.O acto de entrega das 158 distincións de calidade ao sector turístico compostelán tivo lugar na sala Mozart do Auditorio de Galicia. Fixeron entrega das distincións Xosé Manuel Iglesias, o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e os presidentes da Asociación Hostelería Compostela, José Antonio Liñares e Jesús Sordo.

2009: Consolidación do proxecto
O listado de empresas que reciben a súa certificación inclúe a 54 comercios, 18 guías turísticos, 25 hoteis, 22 taxis, 16 restaurantes, 7 axencias de viaxe, 4 casas rurais, 2 museos, 3 organizadores de congresos, 2 cafetarías, 1 complexo de saúde, a asociación Compostela Monumental, o Santiago de Compostela Convention Bureau, a oficina de Turismo de Santiago e o Tren Turístico. En total están representados 14 sectores diferentes. Deste xeito certifícase a aposta pola calidade que están facendo na cidado os distintos sectores vinculados co turismo.

De acordo con isto, cúmprense os obxectivos fixados para o 2009 pola Mesa de Calidade Turística, de incrementar o número de empresas e servizos distinguidos. A partir de agora e ata o 15 de maio, ábrese o prazo para todas aqueles estabelecementos que se queiran adherir ao proxecto de calidade turística SICTED.

A Mesa de Calidade compostelá, da que son membros o Concello de Santiago, a Cámara de Comercio, a Asociación de Hostalería de Santiago, a Área de Calidade de Turgalicia, a Asociación de Axencias de Viaxe Españolas de Galicia, Compostela Monumental, Acotés, o Santiago de Compostela Convention Bureau, a Asociación Compostelá de Taxis, a Fundación Santiago Centro, a Asociación de Comerciantes da Rúa de San Pedro e a Asociación de Axencias de Viaxe de Galicia, aprobou en novembro os informes de evaluación de 158 empresas e profesionais da cidade que decidiron adherirse voluntariamente ao SICTED e obter o seu distintivo, cumprindo numerosos requirimentos en materia de organización, persoal, instalacións e equipamentos, comercialización, satisfacción do cliente, xestión mediambiental e riscos laborais, entre outros. ...

 Otras noticias:

CONGRESO DE EMPRESARIOS HOTELEROS ESPAÑOLES - SANTIAGO (19 al 22 de MAYO)
  

TURGALICIA POTENCIA A IMPLANTACIÓN DA "Q" DE CALIDADE TURÍSTICA ENTRE AS AXENCIAS DE VIAXES
  

DATOS PORCENTAJE OCUPACION ENERO 2010 EN SANTIAGO
  

SANTIAGO ACOLLERÁ UNHA REUNIÓN DA COMISIÓN DE CULTURA DO PARLAMENTO EUROPEO A FINAIS DE ABRIL
  

LOS HOTELEROS DE SANTIAGO RINDEN HOMENAJE AL APÓSTOL PEREGRINANDO
  

TURESPAÑA DESTINARÁ 500.000 € A LA PROMOCIÓN INTERNACIONAL DEL CAMINO DE SANTIAGO
  

 

  
  
  
  
COCINAS EXCELENTES CEHO5S
Central de Reservas · Especial Turismo · Noticias · Eventos · Empleo · Formación · Publicaciones · Atención Consumidor · Enlaces · Foro Público · Código Buenas Prácticas
Inf. Corporativa · Afiliación · Clave Acceso · Proveedores · Mercado Usado · Normativa · Documentos · Agenda · Convenios · Circulares · Inmobiliaria · Foro Privado · Chat