Hostelería Compostela

Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago

Convenios

SGAE

A Asociación de Hostelería Compostela e a SGAE asinan un acordo con descontos e bonificacións de ata un 15% de desconto nas cotas da SGAE.

REPSOL GAS

REPSOL GAS ofrece cada vez mais vantaxes aos membros da Asociación de Hostelería. Os socios poden aforrar ata un 45 % no consumo de gas grazas a un acordo coa empresa.

COMBUSTIBLES OTERO

Convenio de colaboración coa empresa COMBUSTIBLES OTERO, S.L., para aplicar descontos no GASOLEO B e C a domicilio para os establecementos asociados.

COMPOSTELA INSERTA

Convenio a tres bandas de recollida de ACEITE VEXETAL USADO entre o CONCELLO DE SANTIAGO, a Asociación de Hostelería Compostela e a EMPRESA DE INSERCION COMPOSTELA INSERTA, empresa de Inserción Laboral, S.L., promovida pola Plataforma polo emprego.

RENFE

Acordo de colaboración entre RENFE, Asociación Hostelería Compostela e INCOLSA-TURISMO DE SANTIAGO, para desenvolver o marco de colaboración conxunta para potenciar o posicionamento tanto de Santiago de Compostela como destino turístico a cidade desde os principais mercados turísticos.

CEHAT e FEHR

A Confederación Española de Hoteles y Alojamientos Turísticos, CEHAT, e a Federación Española de Hostelería, FEHR conseguiron reducir as comisións soportadas polos hostaleiros polo cobro cos tarxetas de crédito.

SABADELL ATLANTICO

A Asociación de Hostelería Compostela e a entidade financeira SABADELL ATLANTICO asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o hostaleiro disfrute de condicións vantaxosas.

La Caixa

A Asociación de Hostelería Compostela e a entidade financeira La Caixa, asinan un convenio de colaboración. Os socios do colectivo hostaleiro poderán acceder a servizos como a Servicuenta, Comercio ou o Recibo único.

RAMAZZINI

Acordo e convenio coa empresa RAMAZZINI, especializada para a Certificación da Prevención de Riscos Laborais nos establecementos que é necesaria a implantación dos mesmos.

GAS NATURAL FENOSA

Convenio con GAS NATURAL FENOSA para descontos na factura da Luz.

SEGAREL 2000

Convenio de Colaboración coa Correduría de Seguros SEGAREL 2000, S.L., para que os socios de Hostelería Compostela, os seus empregados e familiares, benefíciense de diferentes ofertas de seguros.

WINIO

Convenio de Colaboración entre a Asociación de Hostelería Compostela e a empresa WINIO, para levar a cabo a realización de diferentes cursos de formación.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies