A Sala Malatesta acolleu este 18 de decembro a festa de entrega de premios da undécima edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas compostelás organizado conxuntamente por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela.

Santiago(é)tapas 2018 contou con 68 locais participantes, que presentaron 101 tapas a concurso na primeira fase do 15 de novembro e o 2 de decembro. As mellores dez tapas escollidas polo xurado pasaron á gran final do 7 ao 9 de decembro, onde o público e un novo xurado profesional valoraron ás finalistas.

En total, nos 20 días de concurso consumíronse máis de 30.000 tapas e emitíronse 21.700 votos válidos para escoller os dous premios do público, resultado do voto popular da primeira fase, e os tres grandes premios finais, resultado conxunto da valoración do xurado profesional e o voto popular dos tres días da final.

As tapas premiadas foron:

Primeiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 1.000 euros: “Montadiño Tenreira Arzúa-Ulloa” de A Viaxe. 

Segundo Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros: “Croqueta” de Artesana.

Terceiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros en produto: “A Pataca Quechola” de Doña Ana.

Primeira Tapa do Público, dotado con 700 euros: “Capuccino” de Artesana.

Segunda Tapa do Público, dotado con 300 euros: “Petisco galego 100{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} apto” de TS A Casa.

Premio(É)Tapas+,ao máis activo dinamizador do concurso nas redes sociais, dotado con 700 euros: @queverensantiago, usuario de Instagram.

Na festa de entrega estiveron presentes as anfitrionas Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, e Sara Santos, presidenta da Asociación de Hostalería de Santiago de Compostela; así coma a xerente do Turismo de Santiago de Compostela, Flavia Ramil; a vicepresidenta da Asociación de Hostalaria, Rita Sobrado; Carlos Fuertes en representación do patrocinador Mahou; Miguel Sandá, xefe de zona centro de Cash Record e Jorge Guitián, coordenador do xurado, entre outras personalidades.

Ademais da entrega de premios, presentada por Evaristo Calvo, a festa final contou coa participación dalgúns gañadores das pasadas edicións, como Tapería Castelao, O Ferro, A Maceta e Hotel Puerta del Camino, que prepararon en directo as súas tapas galardoadas.

Por cuarta edición consecutiva, Santiago(é)Tapas foi organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Ademais, Santiago(é)tapas conta con Mahou como patrocinador principal, o patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola, e a colaboración institucional da Deputación da Coruña.