A correduría de seguros Asegarel 2000 S.L. ofrece aos socios e socias da Asociación Hostelería Compostela unhas condicións especiais, de prezo e garantías, á hora de contratar unha póliza de saúde con Asefa Salud.

Así, tal e como se reflicte na imaxe que ilustra esta nova, aqueles que contraten agora a súa póliza poderán facelo por 38,32 euros ao mes durante todo 2019 (prezo por asegurado para póliza de 4 ou máis asegurados de entre 0 e 35 anos de idade). Este prezo inclúe un desconto do 10% para contratacións antes do 15 de xaneiro de 2019.

Trátase dunha póliza sen copagos, con cobertura dental incluída, primas niveladas (non se incrementa o prezo do seguro polo feito de cambiar de tramo de idade) e reembolso familiar: inclúe o reembolso en homeopatía, osteopatía, acupuntura e quiropraxia, así como nas especialidades clave para a familia: Medicina Xeral, Pediatría e Xinecoloxía.

Pódese consultar aquí o cadro médico de Santiago:

CUADRO MEDICO ASEFA (SANTIAGO)