Este ano 2017 comezará a operar a nosa AULA DE NEGOCIOS PARA EMPRESARI@S HOSTELEIR@S. Trátase dunha serie de pequenas accións formativas pensadas para as persoas que dirixen o dirixirán as empresas do noso sector. Serán actividades de 2 horas, enfocadas a solucións prácticas e útiles. Crearanse grupos reducidos, non superiores a 12 persoas. Estas son as 5 ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO:

  • Cómo sacar adiante un negocio nun sector saturado”. 2 de febreiro, de 10 a 12 horas.
  • “Onde están (e como son) os meus clientes?” 17 de febreiro, de 10 a 12 horas.

  • Quero diferenciarme da competencia, que podo facer?” 2 de marzo, de 10 a 12 horas.

  • Que prezos poño no meu local?” 9 de marzo, de 10 a 12 horas
  • Captar clientes a través das redes sociais”. 23 de marzo, de 10 a 12 horas.

O custo de cada actividade será de 30 €/asistente (no caso de empresari@s e profesionais asociad@s), e de 60 €/asistente para outras persoas interesadas. Para máis información poden chamar ao teléfono 667 905 330.

captura-de-pantalla-2017-01-09-a-las-11-46-43