Xa está aberto o prazo para que os establecementos interesados se inscriban para participar na promoción gratuíta da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, que se organizamos conxuntamente dende a Asociación Hostelería Compostela e Turismo de Santiago co obxectivo de poñer en valor este prato tradicional non só nos locais do barrio de San Lázaro senón de todo o concello.

A Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro terá lugar este ano do venres 5 ao luns 8 de abril. Os establecementos inscritos incluiranse en todas as accións de promoción da Festa que se farán dende Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela. A data limite de inscrición, que é completamente de balde, é o luns 11 de marzo.

A festividade das Uñas de San Lázaro é unha das máis antigas de Galicia. A receita tradicional deste prato tipicamente compostelán elabórase con uñas de porco, bertóns, patacas e chourizo. Non obstante, dende Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela anímase aos restaurantes a ofrecer tamén recreacións da preparación popular.

Tradicionalmente, Turismo de Santiago xa incluía esta festividade nas súas ferramentas de promoción. Esta promoción intensificouse nos últimos anos nos que comezou a colaboración coa Asociación Hostalería Compostela co obxectivo de poñer en valor a súa tradición e singularidade e ampliar a participación de locais na mesma.

No ano 2018 participaron neste evento 22 locais, moitos deles situados no barrio de San Lázaro, pero tamén houbo outros situados noutros barrios.

Os establecementos interesados en participar poden contactar coa connosco no correo asociacion@santiagohosteleria.org