Expedia Group celebrou, este xoves 24 de maio, o seu primeiro evento para coñecer aos hostaleiros locais de Galicia, na sede da Asociación Hostalería Compostela, co título ‘Ven y conoce Expedia Group: El Mundo a tu alcance’, liderado por Carrie Davidson, directora de Mercado para España e Portugal de Expedia Group e Rita Sobrado, vicepresidenta da Asociación Hostalería Compostela.

Os hostaleiros galegos foron convidados a coñecer ao equipo da primeira axencia online do mundo, coñecer as ferramentas tecnolóxicas desenvolvidas por Expedia Group para os hostaleiros e datos concretos sobre o mercado turístico galego. “Para Expedia Group é moi importante para nós comprender e coñecer, de primeira man, as necesidades dos hostaleiros, e eventos como estes son unha oportunidade perfecta para conseguilo”, sinalou Carrie Davidson, directora de Mercado para España e Portugal de Expedia Group, que tamén resaltou “o potencial dos destinos galegos”.

Pola súa banda, Rita Sobrado, vicepresidenta da Asociación Hostalería Compostela, explicou que foi “moi interesante ter a oportunidade de coñecer ao equipo de Expedia Group e explorar as posibilidades de colaboración con esta compañía, o que podería traer beneficios aos hoteis composteláns e a toda a industria hostaleira galega”.

En ocasión da visita do seu equipo a Galicia, Expedia Group analizou datos específicos correspondentes ao mercado galego do primeiro trimestre de 2018, chegando ás seguintes conclusións.

Datos globais:

• As cidades máis visitadas para Galicia no primeiro trimestre de 2018 (que corresponde á tempada baixa) son, por esta orde, Santiago, A Coruña e Vigo. Os visitantes destas tres cidades xuntas suman o 60% dos viaxeiros que visitan Galicia, o que é consistente coa preferencia polas escapadas de fin de semana, especialmente de turistas nacionais que se desprazan a Galicia nesta tempada.

• A demanda cara aos destinos galegos incrementouse nun 25% no primeiro trimestre de 2018 respecto deste período en 2017, o que reflicte a crecente fortaleza da tempada baixa nestes destinos.

• A tarifa media por noite dos hoteis galegos (ADR, polas súas siglas en inglés), incrementouse nun 10% respecto ao mesmo período do pasado ano. Os hostaleiros galegos poden aproveitar o feito de que os aloxamentos hostaleiros son aínda alcanzables en comparación con outros destinos en España, o que converte este destino nunha alternativa moi atractiva para os viaxeiros, tendo en conta que se consegue un saudable incremento do ADR.

• As estancias medias nos destinos galegos son de case dous días, especialmente en estancias curtas e escapadas de fin de semana.

• Os principais mercados que visitan Galicia son España (que creceu nun 50% respecto ao mesmo período de 2017), EEUU (que se incrementou un 55%), Francia (cun crecemento próximo ao 30% sobre o mesmo período de 2017) e Reino Unido (con incrementos de case o 10%), polo que esforzos de promoción nestes mercados son moi interesantes.

Demanda de paquetes dinámicos:

• A demanda de paquetes en Galicia incrementouse un 65% respecto ao mesmo período do ano anterior.

• As estancias ligadas a un paquete (a combinación de dúas ou máis servizos con hotel, como voos, trens, alugueres de coches) son lixeiramente máis longas que as reservas só de aloxamento, alcanzando os tres días. Promocionar paquetes cara a destinos galegos é unha oportunidade para os hoteis desta comunidade autónoma, especialmente para pontes e fins de semana longos.

• Os viaxeiros nacionais, e de EEUU e Francia son os principais mercados que demandan paquetes dinámicos. Sumados, estes tres mercados representan o case o 70% de toda a demanda de paquetes a Galicia.

• A antelación das reservas é, de media, dun mes de antelación, unha marxe de tempo que tamén se traduce en oportunidades para combinar visitas e estancias en diversos destinos galegos.

Mobilidade:

• A demanda móbil cara a destinos galegos incrementouse máis dun 25% respecto ao primeiro trimestre de 2017.

• O 55% do total da demanda móbil é predominantemente de viaxeiros españois.

• En consonancia co protagonismo do mercado doméstico, é interesante remarcar que, segundo os datos do período analizado, a antelación das reservas a través de móbiles foi menor, de apenas dúas semanas antes de viaxar. Isto demostra que a demanda móbil tende a ser máis impulsiva, o que converte esta canle nunha plataforma útil para ofrecer ofertas dispoñibles só a través de dispositivos móbiles, orientadas a viaxeiros con motivacións inspiracionales que reservan de forma espontánea.