Unha representación da nova directiva da Asociación Hostelería Compostela, encabezada pola súa presidenta, Sara Santos, e acompañados polo seu xerente, Ramón García, mantivo esta mañá un encontro coa Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

A reunión enmárcase dentro do obxectivo da entidade de fomentar as relacións e o diálogo con todas as institucións que teñen que ver co turismo en Galicia. Hostelería Compostela explicoulle á Directora o traballo que está a facer a prol dos dereitos do sector. Pola súa banda, Castro amosou o seu apoio e colaboración no que estea ao seu alcance.